Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 07 de agosto de 1998 Páx. 9.179

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 03/0007530/98, interposto por Ramiro Cortón Fernández.

Recibida providencia da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pola que se reclama o expediente relativo ó recurso nº 03/0007530/98, interposto por Ramiro Cortón Fernández, e en beneficio da comunidade hereditaria de Constantino Gandoy Fernández, contra o Decreto 481/1997, do 12 de decembro, sobre urxente ocupación, pola Deputación Provincial de Lugo, de bens e dereitos para o proxecto de terreos afectados pola parcela número 8 do campus universitario para a Facultade de Humanidades e Escola de Enfermería; esta consellería resolveu ordena-la remisión do expediente administrativo correspondente ó referido tribunal.

Esta secretaría xeral acorda, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do citado expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se lles emprazan para que poidan comparecer como parte en autos na sección terceira da referida sala no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 1998.

Francisco Javier Rubio Delgado

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

7042