Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 07 de agosto de 1998 Páx. 9.179

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do anexo co acordo de determinación de categorías profesionais que corresponden ó Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, complementario ó artigo 21 do convenio colectivo da empresa Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Visto o texto do anexo no que se contén o acordo de determinación de categorías profesionais que corresponden óa traballadores do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, de acordo coas funcións que tiñan asignadas ou se lles asignen no futuro, acadado pola comisión mixta formada pola empresa e o Comité Intercentros do 12 de xuño de 1998, e complementaria do artigo 21 do convenio colectivo de ámbito autonómico da empresa Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (nº rexistro 82.00012, publicado

no Diario Oficial de Galicia nº 178, do 16 de setembro de 1997); e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, a Dirección Xeral de Relacións Laborais,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do dito anexo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

7042