Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 07 de agosto de 1998 Páx. 9.180

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 1998 pola que se convoca un curso sobre venda ambulante.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1998 de forma descentralizada, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dun curso sobre venda ambulante, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

O curso ten por obxectivos:

a) Coñece-la regulación xurídica estatal autonómica sobre venda ambulante: O Real decreto 1010/1985, do 5 de xuño.

b) Coñecer das competencias das comunidades autónomas e das corporacións locais na regulación e control da venda ambulante.

c) Coñece-las intervencións da policía local en relación coa venda ambulante.

Destinatarios.

O curso vai dirixido ós membros dos corpos das policías locais de Galicia, membros da Unidade do CNP adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia e membros da Policía Local de Asturias; e no caso de quedaren prazas vacantes, ós membros do corpo nacional de policía e garda civil.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas que se ofertarán neste curso será de 40.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestes cursos deberán presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará ás 14 horas do día 7 de setembro.

3. As instancias deberán vir asinadas polo xefe do cadro de persoal e seladas; será este requisito indispensable para ser admitido nos cursos e o incumprimento deste requisito levará consigo a exclusión do devandito curso.

4. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: Avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contido e duración.

O curso celebrarase en sesións de tarde, de luns a venres, e nel trataranse, entre outros, os seguintes temas:

- Lexislación sobre venda ambulante: regulación xurídica sectorial estatal, regulación de competencias das diferentes administracións públicas.

- Regulación do fenómeno nas ordenanzas muicipais.

- Intervención policial sobre venda ambulante: prácticas de confección de denuncias.

Datas.

O curso celebrarase do 14 ó 18 de setembro.

O horario será das 16.30 ás 20.30 horas.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 9 de setembro no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono 986 59 00 21.

Lugar.

O curso desenvolverase no concello de Ribadeo, quedando por concretar o seu lugar de realización, que se comunicará previamente xunto coa lista de admitidos.

Certificado de asistencia.

Ó remate do curso entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el, non podendo supera-las faltas de asistencia un 15% do total da duración de horas lectivas do curso; unha inasistencia superior ó 15%, aínda que sexa xustificada, impedirá a expedición do certificado.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modi fica-lo desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 1998.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

7154