Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 07 de agosto de 1998 Páx. 9.176

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se prorroga a implantación de ensinanzas correspondentes a ciclos formativos da formación profesional específica.

A Orde do 22 de marzo de 1996 (DOG do 3 de abril) dicta as normas referentes á renovación de oferta de ensinanzas experimentais para o curso 1996-1997.

Considerando que se están a dá-las mesmas circunstancias que deron lugar á autorización provisional do referido curso, procede prosegui-la implantación anticipada das ensinanzas establecidas na Lei 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

Esta dirección xeral, tendo en conta o informe favorable da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional,

RESOLVE:

Prorroga-la implantación dos ciclos formativos de grao superior, para o curso 1998-1999, nos centros que se relacionan no anexo.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso ordinario perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 1998.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa

ANEXO

Concello: A Coruña.

Denominación: centro privado La Paz.

-Ciclo formativo de grao superior: Animación de actividades físicas e deportivas, da familia profesional de actividades físicas e deportivas.

Concello: Vigo.

Denominación: centro privado Seresco.

-Ciclo formativo de grao superior: Desenvolvemento de aplicacións informáticas, da familia profesional de informática.

-Ciclo formativo de grao superior: Administración de sistemas informáticos, da familia profesional de informática.

7396