Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 07 de agosto de 1998 Páx. 9.175

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 2 de xullo de 1998 pola que se constitúen os colexios rurais agrupados Pedra da Arca no concello de Malpica de Bergantiños e Nosa Señora do Faro no concello de Ponteceso (A Coruña).

Examinados os expedientes sobre a constitución dos colexios rurais agrupados Pedra da Arca (Malpica de Bergantiños) e Nosa Señora do Faro (Ponteceso), tramitados pola Delegación Provincial da Coruña.

Visto o Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), polo que se aproba o Regulamento das escolas de infantil e dos colexios de primaria e a Orde do 22 de xullo de 1997 (DOG do 2 de setembro), que desenvolve o dito decreto.

Esta consellería, en virtude do establecido no artigo 6.3º do referido Decreto 374/1996 e por proposta

da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa

DISPÓN:

Primeiro.-Constituí-los colexios rurais agrupados Pedra da Arca (Malpica de Bergantiños) e Nosa Señora do Faro (Ponteceso).

Segundo.-Integrar no colexio rural agrupado Pedra da Arca (Malpica de Bergantiños) os colexios e escolas que se suprimen como tales de: O Campelo (código 15602685), Cortes (15008167), Mens (15008261), Vilanova (15022553), Leduzo (15021652) e Raxeira (15008192).

Terceiro.-Integrar no colexio rural agrupado Nosa Señora do Faro de Ponteceso os colexios e escolas que se suprimen como tales de: Brantuas de Arriba (15019463), Campara (15013229), Tallo (15013278), Trabe (15013308) e Froxán (15013242).

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Malpica de Bergantiños.

Localidade: Buño.

Centro: Colexio rural agrupado Pedra da Arca.

Código do centro: 150MAL01.

Zona Educativa : Malpica de Bergantiños (150356).

Unidades.

Educación Infantil: 3.

Educación Primaria: 4.

Total: 7.

LocalidadePostos de traballo

EI EP

Campelo, O - 1

Cortes - 1

Mens 1 1

Vilanova - 1

Leduzo 1 -

Raxeira 1 -

Educación física1

Total postos de traballo: 8.

Provincia: A Coruña.

Concello: Ponteceso.

Localidade: Trabe.

Centro: Colexio rural agrupado Nosa Señora do Faro.

Código do centro: 150PON01.

Zona Educativa: Ponteceso (150563).

Unidades.

Educación Infantil: 4.

Educación Primaria: 1.

Total: 5.

LocalidadePostos de traballo

EI EP

Brantuas de Arriba 1 -

Campara 1 -

Froxán 1 -

Tallo - 1

Trabe 1 -

Educación física1

Total postos de traballo: 6.

7153