Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 06 de agosto de 1998 Páx. 9.168

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO INCIO

EDICTO.

Elevado a definitivo, por non se ter presentado reclamacións, o acordo plenario adoptado en sesión celebrada o día 30 de maio de 1998, de aprobación do estudio de detalle e o proxecto de dotación de servicios da parcela sita no nº 3 da rúa Bóveda na Cruz do Incio, instruídos por instancia da empresa Transportes y Excavaciones Casas, S.L. e redactados polos arquitectos Carlos Sánchez Montaña e Susana Orgaz López, faise público en cumprimento do disposto no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

O Incio, 10 de xullo de 1998.

Ángel Camino Copa

Alcalde

7435