Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 06 de agosto de 1998 Páx. 9.168

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

MANCOMUNIDADE DO SALNÉS

ANUNCIO de licitación.

A comisión xestora da mancomunidade acordou contratar, por separado, mediante concurso e por procedemento aberto, as seguintes obras incluídas dentro do Programa POMAL (1994-1999):

1. Mellora ambiental do Salnés (concellos de Cambados, Ribadumia e Vilanova). Tipo de licitación: catrocentos dezanove millóns setecentas mil pesetas (419.700.000 ptas.).

2. Mellora ambiental do Salnés (concellos de Meis, Meaño, O Grove e Sanxenxo). Tipo de licitación: trescentos oitenta e catro millóns trescentas mil pesetas (384.300.000 ptas.).

Os pregos de cláusulas que rexerán nas contratacións expóñense ó público, polo prazo de 8 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da inserción do correspondente edicto no BOP. De formulárense reclamacións contra estes, aprazaríanse as licitacións.

Características comúns a ámbalas licitacións.

Adxudicatario: Mancomunidade do Salnés (praza do Concello, Cambados).

Duración dos contratos. Execución material: 12 meses. Garantía: 12 meses.

Fianza. Provisional: non existe. Definitiva: 4% do tipo de remate.

Presentación de proposicións: na secretría da mancomunidade (Concello de Cambados), ata as 13 horas do día en que remate o prazo de 26 días, contados do seguinte ó da inserción do presente anuncio. As proposicións presentaranse polo orzamento tipo de licitación ou ben por tipo inferior, expresando, en todo caso, en letra e número, a cantidade exacta pola que se compromete a executar cada unha das obras.

Documentación que hai que presentar: tres sobres por obra, debidamente pechados, que conterán a documentación xeral, proposición económica e referencias técnicas, segundo se indica na cláusula novena dos pregos que rexen as contratacións.

Requisitos específicos dos contratistas: grupo E, subgrupo 1, categoría F.

Apertura de proposicións: na Casa Consistorial de Cambados (sede da mancomunidade), ás 11 horas do primeiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo para a presentación de proposcións, se fose sábado, o día hábil seguinte.

Criterios de selección: * Melloras no prezo, ata un máximo de 1,5 puntos. * Melloras no proxecto, debidamente cuantificadas, ata un máxio de 3,5 puntos. * Experiencia en obras similares, ata un máximo de 1,5 puntos. * Reducción do prazo de execución previsto, ata un máximo de 1, 5 puntos. * Empresa de ámbito ou natureza galega, ata un máximo dun punto. * Comporomiso firme de emprego de man de obra procedente dos concellos da mancomunidade, ata un máximo dun punto.

Gastos por conta do adxudicatario: todos aqueles derivados da redacción e visado do proxecto, así como da tramitación do expediente de licitación e formalización do correspondente contrato (anuncios, escritura pública, etc.) e da execución da obra propiamente dita (dirección, gastos xerais, ete.). Así mesmo, queda obrigado a retira-lo proxecto do colexio correspondente, e a facilitarlle a lo menos unha copia del á mancomunidade.

Formalización do contrato: deberá realizarse dentro dos trinta días seguintes ós da notificación do acordo de adxudicación, e logo de constitución da fianza definitiva.

Obtención de documentación: os pregos íntegros poderán obterse na secretaría da mancomunidade (Concello de Cambados, Teléfono: 986 52 09 02/43. Fax: 986 52 48 66).

Cambados, 16 de xullo de 1998.

José Manuel Cores Tourís

Presidente