Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 06 de agosto de 1998 Páx. 9.167

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial da reforma do proxecto de urbanización da U.E. V-02 Vista Alegre.

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 10 de xullo de 1998, acordou aprobar inicialmente a reforma do proxecto de urbanización do E.D. V-02 Vista Alegre, presentado por Fernando Casuso Silva en representación da sociedade 20 de Julia Minguillón, S.L. e redactado polos arquitectos José A. Comesaña García e Mª Dolores Somoza Rodríguez-Escudero, co visado do colexio oficial do 5 de agosto, 26 de novembro e 16 de decembro de 1997.

Sométese á información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG, nun xornal dos de maior circulación da provincia e máis no taboleiro da casa do concello.

Comunícase que o prazo de exposición ó publico se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o último anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da casa do concello.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 27 de xullo de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo

7002