Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 06 de agosto de 1998 Páx. 9.167

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de estatutos e bases para a constitución da xunta de compensación do PEPRI III-02 Finca do Conde. (Expediente 4095/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 10 de xullo de 1998, acordou aprobar inicialmente o proxecto de estatutos e bases de actuación para a constitución da xunta de compensación do Plan Especial de Protección e Reforma Interior III-02 Finca do Conde, conforme a documentación presentada por Francisco Castro Andrade en representación da Compañía Mercantil Finca do Conde, S.A., someténdoo á información pública polo período de vinte días para o seu exame e presentación de alegacións na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo sita na planta baixa da Casa do Concello.

Vigo, 27 de xullo de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo

7434