Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 06 de agosto de 1998 Páx. 9.167

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de información pública do estudio de detalle U.E. Concheiro (III-02).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 10 de xullo de 1998, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle da U.E. III-02 Concheiro, presentado por Gran Vía 99 Promociones Inmobiliarias, S.L. e segundo a documentación redactada polos arquitectos Pérez Paz e Táboas Veleiro, visado polo COAG do 24-4-1998, somentendo á información pública polo prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios no DOG, e nun dos xornais dos de maior circulación da provincia, con notificación individual ós propietarios afectados.

O que se fai público para xeral coñecemento segundo o establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, comunicándose que o trámite de información pública se entederá aberto desde o día da publicación do primeiro anuncio ata transcorrido un mes da última.

Así mesmo, o presente anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 42.6º da Lei 1/1997, para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou intentada esta, non se puidese practicar.

O expediente atópase á disposición do público na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa da casa consistorial).

Vigo, 22 de xullo de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo

7433