Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 06 de agosto de 1998 Páx. 9.166

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de mellora do núcleo 08.07 Os Bouzós (Coruxo).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 15 de maio de 1998, acor

dou aprobar inicialmente o Plan especial de mellora do núcleo 08.07 Os Bouzós na parroquia de Coruxo, redactado polas arquitectas Cristina Cameselle Solá, Adriana Pousa García e Marta Viso.

Sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG, nun xornal dos de maior circulación da provincia e no taboleiro de anuncios da casa do concello.

Signifícase que o prazo de exposición ó publico se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio.

A documentación atópase na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da casa do concello.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu domicilio non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 7 de xullo de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo

744