Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 06 de agosto de 1998 Páx. 9.150

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/241-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: Modif. I, L.M.T., C.T. Ronda de Nelle, 40-46.

Situación: A Coruña.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor 2 R.H.V. 12/20 kV de 3 (1x240) mm Al, de 80 m de lonxitude, con orixe na liña A Grela-Médico Durán e remate no C.T. Ronda de Nelle, 40-46, que se vai instalar. Centro de transformación en edificio de vivendas de 400 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV en Ronda de Nelle, 40-46. A Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 3 de xullo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

6916