Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 06 de agosto de 1998 Páx. 9.150

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/160-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C., R.B.T. urbanización Paseo de los Puentes.

Situación: A Coruña.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V., 12/20 kV, de 3 (1x240) mm Al, con orixe no C.T. Palomar-Paseo de los Puentes (expediente 11.787) e remate no mesmo C.T. unha vez que entre e saia dos seguintes CC.TT. na urbanización en curso de realización en Paseo de los Puentes: centro de transformación nº 1 subterráneo de 630 kVA, nº 2 subterráneo de 630 kVA, nº 3 subterráneo de 630 kVA, nº 4 Uniblok de 2x630 kVA, todos eles ás tensións de 15/0,380-0,220 kV, con celas compactadas en SF6 (2L+1P) por transformador, dos que parten redes subterráneas de baixa tensión, baixo tubo e con conductor 0,6/1 kV de 4 (1x240) mm Al, de 4.025 m de lonxitude. A Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 6 de xullo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

6920