Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 06 de agosto de 1998 Páx. 9.145

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 17 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena a publicación do texto do acordo subscrito polos representantes da Administración autonómica e a organización sindical Confederación Intersindical Galega (CIG), representada na mesa xeral de negociación de funcionarios e no comité intercentros do persoal laboral, sobre criterios de reparto do Fondo de Acción Social para o ano 1998 para todo o persoal ó servicio da Administración da Xunta de Galicia, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o día 10 de xullo de 1998.

Advertidos erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 156, do 30 de xullo de 1998, cómpre face-la seguinte corrección:

-Na páxina 8.811, no segundo parágrafo do anexo, onde di: «...os representantes da Administración autonómica e a organización sindical representada na mesa xeral...»; debe dicir: «...os representantes da Administración autonómica e a organización sindical CIG representada na mesa xeral...».

7462