Resolución do conselleiro de Medio Ambiente pola que se fan públicas as resolucións que deixan sen efecto as axudas concedidas, ó abeiro da Orde do 31 de xaneiro de 1995, de axudas a medidas forestais na agricultura, á empresa Etega, S.A. (Empresas Técnicas Galegas, S.A.) nos expedientes de subvención nº: 11150080/96, 11150081/96, 11150082/96, 11150083/96, 11151470/95, 11151472/95, 11320615/95, 11320616/95 e 11360031/95.
Por incumprimento do disposto no artigo 12 da Orde do 31 de xaneiro de 1995, de axudas a medidas forestais na agricultura, e a través das resolucións da Consellería de Medio Ambiente, anúlanse as axudas concedidas nos referidos expedientes de subvención.
De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase a anulación das axudas concedidas nos expedientes de subvención mencionados.
Os importes mencionados no anexo devolveranse mediante transferencia bancaria ás seguintes contas:
-O 25% do total ingresarase na conta nº 0182-5920-57-0012000001 da Xunta de Galicia-M.A.P.A.
-O 75% restante ingresarase na conta nº 0182-5920-59-0011000002 do Feoga-Garantía.
Contra a dita resolución, que é firme e esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa notificación e despois de comunicarllo a esta consellería, de conformidade co artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 20 de xullo de 1998.
Carlos del Álamo Jiménez
Conselleiro de Medio Ambiente
ANEXO
Expedientes con axudas concedidas nos que figura como titular a empresa Etega, S.A. e ós cales se lles anula a axuda concedida. Importes que ten que devolve-la empresa.
obxecto
Nº expediente Denominación e
Importe aprobado Data de aprobación Importe que ten que devolver
11151470/95 F, P, M 12.144.480 23-7-1996 0
11151472/95 F, P, M 69.822.003 23-7-1996 32.642.652
11150080/96 F, P, M 35.695.833 23-7-1996 14.336.819
obxecto
Nº expediente Denominación e
Importe aprobado Data de aprobación Importe que ten que devolver
11150081/96 F, P 7.816.771 11-10-1996 0
11150082/96 F, P, M 50.952.550 23-7-1996 19.493.965
11150083/96 F, P, M 16.651.927 11-10-1996 0
11320615/95 F, P, M 65.519.818 16-7-1996 22.946.315
11320616/95 F, P, M 45.431.004 16-7-1996 7.590.121
11360031/95 F, P, M 37.176.569 21-2-1996 8.143.413
341.210.955 105.153.285
F: forestación, M: melloras, P: primas mantenento
7466