Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 05 de agosto de 1998 Páx. 9.085

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 19 de xuño de 1998 pola que se fixa o prezo de venda ó público das publicacións Propiedade da Terra e Rerforma Liberal e O Conflicto Foral nos Séculos XVII e XVIII.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prexos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único:

1. Queda aprobado o prezo de venda ó público das publicacións editadas por esta consellería que relacionan no anexo.

2. Este prezo entenderase con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 1998.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria

ANEXO

Propiedade da Terra e Reforma Liberal: 3.200 pesetas.

O Conflicto Foral nos Séculos XVII e XVIII: 3.200 pesetas.

6482