Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 05 de agosto de 1998 Páx. 9.085

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 1998 pola que se dispón o cesamento como xerente da Universidade de Santiago de Compostela de Aureliano García González-Llanos.

En virtude das atribucións que lle están conferidas no artigo 82.2º dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela.

Este rectorado, dispón o cesamento como xerente da Universidade de Santiago de Compostela, a pedimento propio, de Aureliano García González-Llanos, con efectos económicos e administrativos do día 1 de xullo de 1998, agradecéndolle os servicios prestados.

O que lle comunico para o seu coñecemento.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 1998.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

6954