Resolución do Concello de Ramirás pola que se anuncia a contratación da obra de saneamento en San Cristovo por procedemento aberto e concurso.
De conformidade co disposto no artigo 79 da LCAP anúnciase concurso, polo procedemento aberto, para adxudica-la obra de saneamento en san Cristovo, conforme o seguinte contido:
1. Obxecto do contrato: obra de saneamento en San Cristovo, segundo proxecto do enxeñeiro técnico de Obras Públicas Jesús Iglesias Iglesias.
2. Duración do contrato: cinco meses.
3. Tipo de licitación: 12.100.000 ptas.
4. Pagamento: o pagamento do prezo de adxudicación farase efectivo con cargo á partida do orzamento vixente.
5. Publicidade dos pregos: estarán de manifesto tódolos días hábiles nas oficinas municipais.
6. Garantía provisional: será do 2% do tipo de licitación, equivalente a 242.200 ptas.
7. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares: durante os oito primeiros días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio, suspendéndose a licitación en caso de impugnación.
8. Garantía definitiva: o 4% do orzamento de adxudicación.
9. Presentación de proposicións: ata as trece horas do décimo terceiro día hábil natural seguinte contados desde a publicación do anuncio no BOP.
10. Apertura de proposicións: ás trece horas do segundo día hábil (agás sábado) seguinte a aquel no que remate o prazo para a presentación de pro
posicións, en acto público, no salón de sesións da Casa do Concello.
11. Modelo de proposición: o recollido na cláusula 17 do prego.
Ramirás, 26 de xuño de 1998.
Pilar López García
Alcaldesa
6796