Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 04 de agosto de 1998 Páx. 9.078

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RAMIRÁS

ANUNCIO de licitación.

Resolución do Concello de Ramirás pola que se anuncia a contratación da obra de terminación do saneamento no Picouto-Freás-Portas Abertas por procedemento aberto e concurso.

De conformidade co disposto no artigo 79 da LCAP anúnciase concurso, polo procedemento aberto, para adxudica-la obra de terminación do saneamento no Picouto-Freás-Portas Abertas, conforme o seguinte contido:

1. Obxecto do contrato: obra de terminación do saneamento no Picouto-Freás-Portas Abertas, segundo proxecto do enxeñeiro técnico de Obras Públicas Jesús Iglesias Iglesias.

2. Duración do contrato: cinco meses.

3. Tipo de licitación: 11.361.600 ptas.

4. Pagamento: o pagamento do prezo de adxudicación farase efectivo con cargo á partida do orzamento vixente.

5. Publicidade dos pregos: estarán de manifesto tódolos días hábiles nas oficinas municipais.

6. Garantía provisional: será do 2% do tipo de licitación, equivalente a 227.220 ptas.

7. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares: durante os oito primeiros días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio, suspendéndose a licitación en caso de impugnación.

8. Garantía definitiva: o 4% do orzamento de adxudicación.

9. Presentación de proposicións: ata as trece horas do décimo terceiro día hábil natural seguinte contados desde a publicación do anuncio no BOP.

10. Apertura de proposicións: ás trece horas do segundo día hábil (agás sábado) seguinte a aquel no que remate o prazo para a presentación de proposicións, en acto público, no salón de sesións da Casa do Concello.

11. Modelo de proposición: o recollido na cláusula 17 do prego.

Ramirás, 26 de xuño de 1998.

Pilar López García

Alcaldesa

7377