Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 04 de agosto de 1998 Páx. 9.077

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEIS

APROBACIÓN inicial do proxecto de urbanización do polígono industrial de Vilanoviña (Paradela).

Esta alcaldía, en uso da competencia atribuída no artigo 21.1º m) da Lei 7/1985, do 2 de abril, das bases do réxime local, resolveu, mediante Decreto do 22 de xullo de 1998, aprobar inicialmente o prexecto de urbanización do polígono industrial de Vilanoviña, parroquia de Paradela, presentado por Expano, S.A. e Ramiro Martínez, S.L.

De conformidade co disposto no artigo 43.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o dito proxecto a información pública durante un mes mediante anuncio no DOG nun xornal da provincia. Tamén se publica no BOP.

Meis, 29 de xullo de 1998.

Jorge Casal Pintos

Alcalde

6795