Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 04 de agosto de 1998 Páx. 9.077

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEIS

APROBACIÓN definitiva da modificación puntual do plan parcial do polígono industrial de Vilanoviña (Paradela).

A Corporación Municipal, en sesión do 21 de xullo de 1998, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual do plan parcial do polígono industrial de Vilanoviña, parroquia de Paradela, promovida polas empresas Expano, S.L. e Ramiro Martínez, S.L.

En cumprimento do disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, publícase o acto de aprobación definitiva.

Meis, 24 de xullo de 1998.

Jorge Casal Pintos

Alcalde

7391