Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que os interesados obtiveron a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21-1-1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.
Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:
Nome do viveiro: Pinta.
Cultivo: mexillón (M. galloprovincialis).
Localización: cuadrícula nº 69 Cambados F.
Data da concesión: 20-10-1975.
Data do remate da última prórroga: 11-11-2005.
Anteriores concesionarios: Iglesias Cores, Dolores (35.385.277).
Novos titulares concesión: Besada Iglesias, Mª Adelaida (35.441.972); Rodríguez Paz, José-Andrés (35.441.299) e Besada Iglesias, Dolores (35.462.593).
Os novos concesionarios quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como obrigados ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de categoría suficiente.
Vigo, 22 de xuño de 1998.
P.D. (Orde 27-6-1990, DOG nº 134 do 10-7-1990)
Rosa Mª Quintana Carballo
Delegada territorial de Vigo (Pontevedra)
6743