Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 04 de agosto de 1998 Páx. 9.072

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 22 de xuño de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio da batea Rarolo I.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que os interesados obtiveron a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de Pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21-11-1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome do viveiro: Rarolo I.

Cultivo: mexillón (M. galloprovincialis).

Localización: cuadrícula nº 82 Vilagarcía A.

Data da concesión: 29-2-1964.

Data do remate da última prórroga: 30-3-2004.

Anteriores concesionarios: Figueira Piñeiro, Benito (35.389.235) e Galbán Sobradelo, Elena (76.466.711).

Novos titulares concesión: Figueira Galbán, José (76.509.965) e Figueira Galbán, Benito (78.782.491).

Os novos concesionarios quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesio

narios, así como obrigados ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 22 de xuño de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990, DOG nº 134 do 10-7-1990)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo (Pontevedra)

6760