Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 04 de agosto de 1998 Páx. 9.072

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 22 de xuño de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea Juvial VII.

Visto o expediente incoado por Juan Vicente Alcalde, no que solicita o cambio de dominio mortis-causa do viveiro flotante de cultivo de mexillón denominado Juvial II, outorgado pola orde ministerial do 27-6-1972, situado na cuadrícula nº 147, do polígono A de Vilagarcía, rematando a concesión o 31-8-2002, e do que era titular Guadalupe Suárez Reboiras (33.073.941).

Tendo en conta o informe do Servicio Técnico-Xurídico e de conformidade co sinalado no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e 10.1º do Decreto 406/1996, e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do Rexistro de Últimas Vontades, a copia notarial do testamento e a documentación acreditativa do pagamento ou da presentación ó pagamento do imposto de sucesións e doazóns, esta consellería tivo a ben acceder ó solicitado, declarando titular da concesión administrativa e do viveiro do que se trata, nas mesmas condicións cás expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de Mª Manuela Vicente Suárez (33.281.823); Mª Luisa Vicente Suárez (76.406.748) e Juan Vicente Alcalde (33.076.326).

Os novos titulares subróganse no prazo, dereitos e obrigas do anterior, e quedan obrigados a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Vigo, 22 de xuño de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990, DOG nº 134 do 10-7-1990)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo (Pontevedra)

6742