Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 04 de agosto de 1998 Páx. 9.071

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 22 de xuño de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea B.O.O II.

Visto o expediente incoado por Juan Oubiña Otero, no que solicita o cambio de dominio mortis-causa do viveiro fluctuante de cultivo de mexillón denominado B.O.O. II, outorgado pola orde ministerial do 9-10-1968, situado na cuadrícula nº 133, do polígono F de Cambados, rematando a concesión o 2-8-1998, e do que era titular María García Cores (35.384.467).

Tendo en conta o informado polo Servicio Técnico-Xurídico e de conformidade co sinalado no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e 10.1º do Decreto 406/1996, e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do Rexistro de Últimas Vontades, a declaración notarial de herdeiros ab intestato, a escritura notarial da partición parcial da herdanza e a documentación acreditativa do pagamento ou da presentación ó pagamento do imposto de sucesións e doazóns, esta consellería tivo a ben acceder ó solicitado, declarando titular da concesión administrativa e do viveiro do que se trata, nas mesmas condicións cás expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de Juan Oubiña Otero (35.372.547); Juan-Manuel Oubiña García (35.428.869) e José-Francisco Oubiña García (35.460.694).

Os novos titulares subróganse no prazo, dereitos e obrigas do anterior, así como quedan obrigados a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Vigo, 22 de xuño de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990, DOG nº 134 do 10-7-1990)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo (Pontevedra)

6739