Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 04 de agosto de 1998 Páx. 9.071

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 22 de xuño de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea Charmou III.

Visto o expediente incoado por Fernando-Manuel Suárez Allo, no que solicita o cambio de dominio mortis-causa do viveiro fluctuante de cultivo de mexillón denominado Charmou III, outorgado pola orde ministerial do 4-12-1963, situado na cuadrícula nº 24, do polígono D de Cambados, rematando a concesión o 4-12-2003, e do que era titular Modesto Suárez Caneda (35.333.727).

Tendo en conta o informado polo Servicio Técnico-Xurídico e de conformidade co sinalado no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e 10.1º do Decreto 406/1996, e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do Rexistro de Últimas Vontades, a declaración notarial de herdeiros ab intestato, a escritura notarial da partición da herdanza e a documentación acreditativa do paga

mento ou da presentación ó pagamento do imposto de sucesións e doazóns, esta consellería tivo a ben acceder ó solicitado, declarando titular da concesión administrativa e do viveiro do que se trata, nas mesmas condicións cás expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de Fernando-Manuel Suárez Allo (35.444.083).

O novo titular subrógase no prazo, dereitos e obrigas do anterior, así como queda obrigado a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Vigo, 22 de xuño de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990, DOG nº 134 do 10-7-1990)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo (Pontevedra)

6740