Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 04 de agosto de 1998 Páx. 9.070

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 10 de marzo de 1997 pola que se aproba o cambio de dominio da batea Anca número 6 e sete máis.

Advertidos erros na citada orde, publicada no DOG nº 70, do 14-4-1997, cómpre efectua-las oportunas modificacións:

Na páxina 3.489, columna dereita, no apartado correspondente á batea Grandín II, onde di: «Anterior concesionario: Dios Fernández, Belarmino», debe dicir: «Anteriores concesionarios: Dios Fernández, Belarmino e Dios Oubiña, Mª Gloria.».

Onde di: «Novos titulares da concesión: Dios Fernández, Francisco e Rodríguez Señoráns, Dolores», debe dicir: «Novos titulares da concesión: Dios Fernández, Belarmino; Dios Oubiña, Mª Gloria; Dios Fernández, Francisco e Rodríguez Señoráns, Dolores.».

6738