Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 04 de agosto de 1998 Páx. 9.070

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se notifica o acordo de inicio de expediente sancionador dictado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural do 18 de maio de 1998.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servicio de correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pola presente resolución notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, o acordo de inicio de expediente sancionador por infracción administrativa da Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.

Noméase instructor do procedemento a Francisco Sáa Salgado, secretario provincial da Delegación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo de Ourense, e secretaria a Amparo García Melero, xefa da Sección do Patrimonio Histórico do citado centro directivo, respectivamente.

Contra estes nomeamentos poderase promover recusación por escrito en calquera momento da tramitación do procedemento, de concorrer algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Consonte o establecido polo artigo 97 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia, a iniciación dos procedementos sancionadores en materia de patrimonio cultural de Galicia, sen prexuízo da superior autoridade do conselleiro, realizarase por resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Histórico e Documental, (actualmente Dirección Xeral de Patrimonio Cultural).

A competencia para a imposición das sancións correspóndelle, segundo o artigo 96.1º do devandito texto legal:

a) Ó director xeral do Patrimonio Histórico e Documental (actualmente Dirección Xeral de Patrimonio Cultural): sancións de ata 10.000.000 de pesetas.

b) Ó conselleiro de Cultura (actualmente conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo), sancións comprendidas entre 10.000.001 de pesetas e 25.000.000 de pesetas.

c) Ó Consello da Xunta de Galicia: sancións superiores a 25.000.000 de pesetas.

O recoñecemento, por parte do infractor, da súa responsabilidade, poderá produci-la conclusión do procedemento, coa imposición da sanción que proceda.

De te-la sanción un carácter pecuniario, o pagamento voluntario polo imputado, en calquera momento anterior á resolución, poderá implicar igualmente

a terminación do procedemento, sen prexuízo da posibilidade de interpoñe-los recursos procedentes.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para presentar cantas alegacións, documentos e informacións coide convenientes e, de se-lo caso, propoñer proba, concretando os medios de que pretenda valerse.

En caso contrario, o acordo de iniciación do procedemento poderá ser considerado proposta de resolución, de entenderse que contén un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, conforme o artigo 13 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE 189, do 9 de agosto).

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 1998.

Ángel Sicart Giménez

Director xeral de Patrimonio Cultural

ANEXO

Expediente. Ref.: S-OR-1/1/98.

Inculpado: Jesús Garriga Paz, en presentación da Sociedade Mercantil Garriga e Hijos, S.L.

Enderezo: r/ do Paseo, nº 19 (antes r/ José Antonio, nº 3) Ourense.

Motivo: infracción do artigo 90 g) da Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.

Data do acordo de inicio do expediente sancionador: 18-5-1998.

6744