Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 04 de agosto de 1998 Páx. 9.069

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se outorga o permiso de investigación Val, número 2722.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que con

data do 4 de maio de 1998 se outorgou o permiso de investigación Val número 2722, de 42 cuadrículas mineiras para recursos da sección c), granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais de Agolada e Rodeiro, da provincia de Pontevedra.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 8 de xullo de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

6812