Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 04 de agosto de 1998 Páx. 9.069

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se outorga o permiso de investigación López, número 2655.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que con data do 15 de abril de 1998 se outorgou o permiso de investigación López número 2655, de 3 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Agolada, da provincia de Pontevedra.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 7 de xullo de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

6811