Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 04 de agosto de 1998 Páx. 9.069

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se outorga o permiso de investigación Saiar, número 2676.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que con data do 13 de abril de 1998 se outorgou o permiso de investigación Saiar número 2676, de 1 cuadrícula mineira para recursos de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Caldas de Reis, da provincia de Pontevedra.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 9 de xullo de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

7339