Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 04 de agosto de 1998 Páx. 9.068

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/195-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. Arteixo, 171, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. aéreo-subterránea, Ansede-Cornido-Río do Pozo.

Situación: Narón.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterráneo-aérea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3 (1x240) mm Al en tramos subterráneos e sobre apoios de formigón existentes e con conductor LA-110 en tramo aéreo denominada Ansede-Cornido-Río do Pozo: de 2.020 m de lonxitude con orixe na subestación de Cornido e remate nas inmediacións do instituto de Narón, tramo subterráneo. De 1.730 m de lonxitude, con orixe nas inmediacións do instituto de Narón

e remate en Feal, tramo subterráneo. De 965 m de lonxitude, con orixe en Feal e remate en polígono Río do Pozo, tramo aéreo. Narón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 30 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

6833