Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 04 de agosto de 1998 Páx. 9.068

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/242-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. subterránea, C.T. Fernando Macías, 2, A Coruña.

Situación: A Coruña.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3 (1x240) mm Al, de 50 m de lonxitude, con orixe na liña San Pedro-Peruleiro-edificio social (expediente 34.081) e remate no C.T. Fernando Macías, 2, que se vai instalar. Centro de transformación, en edificio, de 630 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, na r/ Fernando Macías, 2. A Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 30 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

6564