Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 04 de agosto de 1998 Páx. 9.068

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/118-2, 5004 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA).

Enderezo social: r/ Cidade de Viveiro, nº 4, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T. subterránea C.T. Caixa Aforros-C.T. grupo La Paz (Vilalba).

Situación: Vilalba.

Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV de 140 metros de lonxitude en conductor D.H.Z. 1 12/20 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial no prazo de trinta días.

Lugo, 30 de xuño de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

6834