Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 04 de agosto de 1998 Páx. 9.067

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por instalacións eléctricas.

Declarada de urxente ocupación por Decreto 164/1998, do 22 de maio (Diario Oficial de Galicia con data do 9 de xuño de 1998), a prol da entidade Hidroeléctrica del Zarzo, S.A., con enderezo na r/ Mancebo, 6, de Pontedeume, a execución das instalacións eléctricas que máis abaixo se describen, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso.

En cumprimento dos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 de seu Regulamento do 26 abril de 1957, fáiselles saber ós interesados propostos como titulares dos predios que se conteñen nas relacións anexas, que o representante e o perito da Administración se constituirán o día 13 de agosto de 1998 nos predios para a toma de datos e levantar a continuación nas oficinas da Casa do Concello de Monfero as actas previas á ocupación, nas que se describirán os bens e os dereitos afectados por expropiación ou servi

dumes, a partir das horas que seguen:

Expediente nº 193/96.

Liña eléctrica aérea a 15/20 kV de 432 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 51 da liña San Bartolomeu-Monfero e centro de transformación no lugar de Casalvito, no termo municipal de Monfero.

A partir das 11 horas predio número 1; 2; 3; 4; 5 e 7.

A partir das 12 horas predios números 8; 10; 11; 13; 14 e 23.

Advírteselles ós interesados, ós que se lles practicará notificación para o efecto, que deben concorrer ó acto por si ou por persoas que os representen, e se así o consideran, cos seus peritos e cun notario pola súa conta, podendo facer manifestacións nel e achegar datos que sexan útiles, e formular alegacións por escrito ata o citado levantamento, para os únicos efectos de emendar posibles erros das relacións.

A Coruña, 30 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 193/96. Provincia: A Coruña.

L.M.T. ó C.T. CasalvitoTermo municipal: Monfero.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1As ParrochasMonte baixoArgimiro López PereiroRego do Eixo, San Fiz, 15618 Monfero110

2As ParrochasMonte altoArgimiro López PereiroRego do Eixo, San Fiz, 15618 Monfero7112

3As ParrochasMonte altoRamón Vázquez PereiroRego do Eixo, San Fiz, 15618 Monfero1120320

4As ParrochasMonte altoCarmen Bugallo Varelar/Torre 72-B, 15000 A Coruña119144

5As ParrochasMonte altoUbaldino Lence VarelaA Igrexa, San Fiz, 15618 Monfero211051.680

7Rego do EixoMonte altoJosefina González BlancoO Cotillón, San Fiz, 15618 Monfero321021.632

8Rego do EixoMonte altoJesús Varela VázquezA Igrexa, San Fiz, 15618 Monfero421903.040

10Rego do EixoMonte altoMª Manuela Pereiro

Argimiro López Pereiro

Rego do Eixo, San Fiz, 15618 Monfero5253848

11Rego do EixoMonte altoRamón Vázquez PereiroRego do Eixo, San Fiz, 15618 Monfero37592

13Rego do EixoMonte altoAntonio Rodríguez LópezAvda. Exército 31-10ºD, 15006 A Coruña21336

14Rego do EixoMonte altoLeonor Fariña VarelaFonte do Campo, Couces 8, 15500 Fene681.066

23PiñeiraisMonte altoHros. Antonio Vázquez GómezA Igrexa, San Fiz, 15618 Monfero60490

6670