Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 04 de agosto de 1998 Páx. 9.066

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se sinala a data para os pagamentos do prezo xusto por expropiación e imposición de servidumes de paso da instalación eléctrica que se cita.

De conformidade co disposto nos artigos 48.1º da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 48.2º, 49, 50 e 51 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, esta delegación acorda sinala-los días e horas que se indican para que o pagador da entidade beneficiaria Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. proceda nas oficinas da Casa do Concello de Cedeira ós pagamentos do prezo xusto e xuros por expropiación e imposición de servidumes de paso da liña eléctrica aérea a 15/20 kV desde Traba ata Piñeiro (Expte. nº 46/1995), ós interesados propostos como titulares dos predios afectados, ós que se lles dirixirá notificación individual para ó efecto.

Día 5 de agosto de 1998:

-Ás 11 horas, predios núms. 5, 11, 15, 20, 21, 25 e 26.

-Ás 12 horas, predios núms. 30, 35, 37, 38-42-89, 41, 44- 68 e 46-85.

Día 7 de agosto de 1998:

-Ás 11 horas, predios núms. 54, 55, 56, 57, 64-97, 69 e 74-81.

-Ás 12 horas, predios núms. 79, 80, 84, 88, 100, 105, 106, 107 e 108.

A Coruña, 30 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

6977