Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 04 de agosto de 1998 Páx. 9.066

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/251-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.

Denominación: R.B.T. Ramo-Romariz-Nogueirido.

Situación: Fene.

Descricións técnicas: reforma das RR.BB.TT. dos trafos de Ramo, Romariz e Nogueirido, en conductor R.Z. e das seguintes lonxitudes, 607 m, 922 m e 220 m respectivamente. Concello de Fene.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 29 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

6630