Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 04 de agosto de 1998 Páx. 9.066

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/197-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Moreiras.

Situación: Ortigueira.

Descricións técnicas: liñas eléctricas aéreas de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56. De 663 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 10 da liña Mera-Bares (expediente 5365) e remate no C.T. Rubido, que se vai instalar. De 16 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 2 da liña a C.T. Rubido e remate en C.T. Rosario. Centros de transformación aéreos nos lugares de Rubido e Rosario, de 50 kVA/U e tensións de 20/0,380-0,220 kV. Redes de baixa tensión, sobre apoios de formigón e con conductor R.Z.: de 275 m desde o C.T. Rubido. De 770 m desde o C.T. Rosario. De 400 m desde o C.T. Moreiras. De 180 m desde o C.T. Picón. Ortigueira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 29 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

6829