Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 04 de agosto de 1998 Páx. 9.065

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/162-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. Punxeiras, núcleo urbano de Bertamiráns.

Situación: Ames.

Descricións técnicas: liñas eléctricas subterráneas de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3 (1x240) mm Al: de 110 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Avda. A Mahía (en tramitación) e remate no C.T. Cumega, que se vai instalar. De 635 m de lonxitude, con orixe na liña Roxos-Bertamiráns (Cantalarrana) (expediente 50963) e remate no C.T. Avda. A Mahía (urbanización Las Palmeras). Centro de transformación en caseta prefabricada, de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en camiño do Lodeiro. Rede de baixa tensión, subterránea, baixo tubo e con conductor R.V. 0,6/1 kV, en conductor de 4 (1x240) mm, de 140 m de lonxitude, que sae do C.T. Pateiras. Ames.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 29 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

6832