Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 04 de agosto de 1998 Páx. 9.064

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/201-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. e R.B.T.S. prolg. Avda. Sardiñeira, 5.

Situación: A Coruña.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3 (1x240) mm Al, con orixe na liña que alimenta CC.TT. Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. Bens (expediente 14/1997) e remate C.T.C. prolongación Avda. Sardiñeira, 5. Centro de transfor

mación en edificio, de 630 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV en prolongación Avda. Sardiñeira, 5, do que parte rede de baixa tensión subterránea, baixo tubo, en conductor R.V. de 240 m de lonxitude. A Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 25 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

6839