Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 04 de agosto de 1998 Páx. 9.064

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/193-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. Arteixo, 171, 15008 A Coruña.

Denominación: variante L.M.T. a C.T. Lenda.

Situación: Santiago de Compostela.

Descricións técnicas: variante de liña eléctrica aéreo-subterránea de media tensión a 20 kV, que alimenta ó C.T. Lenda, consistente en: tramo de 160 m de lonxitude, sobre apoios de formigón e conductor LA-56, inmediacións autovía Santiago de Compostela-A Lavacolla, tramo aéreo. Tramo de 240 m de lonxitude, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3 (1x95) mm Al inmediacións C.T. Lenda e autovía Santiago de Compostela-A Lavacolla-Santiago de Compostela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 25 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

3836