Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 04 de agosto de 1998 Páx. 9.064

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/166-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Vilar de Arriba e Abaixo.

Situación: Teo.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 20 m de lonxitude, con orixe na liña subestación Padrón-Ponte Espiño e remate no C.T. Vilar de Arriba e Abaixo, que se vai instalar. Centro de transformación aéreo, de 100 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Vilar de Arriba e Abaixo. Redes de baixa tensión, a 380-220 V, sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de: 1.755 m de lonxitude, con orixe no C.T. Vilar de Arriba e Abaixo, en seccións de 150, 95, 50 e 25 mm Al. 1.550 m de lonxitude, con orixe no C.T. Ponte Espiño, en seccións de 95, 50 e 25 mm Al. 180 m de lonxitude, con orixe no C.T. O Faramello, en seccións de 95 e 50 mm Al. Teo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 25 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

6837