Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 04 de agosto de 1998 Páx. 9.065

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/202-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. de Escarabote-Río Coroño.

Situación: A Pobra do Caramiñal e Boiro.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV, que parte do C.T. Ribeiriña e remate no C.T. Costadal de 1.169 m de lonxitude en conductor R.H.V. 12/20 kV-240 mm Al. L.M.T. subterránea a 20 kV de C.T. Costadal a C.T. Escarabote de 585 m. Reforma e aumento de potencia do C.T. Ribeiriña, C.T. de 630 kVA. C.T. Costadal tipo prefabricado de 250 kVA B-2 e acoplamento redes de baixa tensión. Concellos de A Pobra do Caramiñal e Boiro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 25 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

6831