Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 04 de agosto de 1998 Páx. 9.060

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 1998 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto, trámite de urxencia, da subministración de clave E/SC/98.51

a) Subministración.

1 Adquisición dun (1) vehículo turismo con potencia ata 100 CV para a Dirección Xeral de Obras Públicas da CPTOPV, da Xunta de Galicia.

Clave: E/SC/98.51.

Orzamento: dous millóns catrocentas setenta e cinco mil pesetas (2.475.000).

Prazo de entrega: 1 mes.

A solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe dunha institución financeira en relación coa subministración obxecto desta licitación.

A solvencia técnica xustificarase mediante catálogo e descrición da subministración a efectuar.

(Declarada urxente consonte o artigo 72 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas, estarán de manifesto e á disposición dos concur

santes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día vintecatro (24) de agosto de 1998.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás once horas do día dous (2) de setembro de 1998.

g) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 1998.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

7388