Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 04 de agosto de 1998 Páx. 9.060

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 1998 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, con tramitación urxente, dun contrato administrativo de cosultoría e asistencia que ten por obxecto a redacción dun proxecto técnico de obras.

A Secretaría Xeral para o Deporte, ultimados os trámites administrativos pertinentes, resolveu anuncia-lo procedemento de adxudicación do contrato ó que se refire a presente reolución e que posúe as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

A Xunta de Galicia por medio da súa Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Obxecto e características do contrato.

a) Obxecto: redacción do proxecto básico e de execución e estudio de seguridade e saúde da obra de bancadas e vestiarios en campos de fútbol, no Concello de Abegondo (A Coruña).

b) Prazo de execución: corenta e cinco (45) días.

c) Orzamento base de licitación: cinco millóns duascentas cincuenta mil (5.250.000 ptas.) pesetas IVE incluído.

d) Garantía definitiva: non se esixe (artigo 36.2º e 38 da Lei 13/1995, do 18 de maio).

3. Obtención de documentación e información.

No Servicio de Contratación e Xestión Económica da Secretaria Xeral para o Deporte. (Estadio Multiusos de San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 26 26. Fax: 981 54 26 39).

Fotocopias dos pregos de cláusulas adminstrativas e prescricións técnicas poderán ser solicitados directamente en Xeneral Pardiñas, nº 2 de Santiago de Compostela. Teléfono: 981 58 89 38.

4. Presentación de ofertas.

a) Data límite: ás 14 horas do décimo terceiro (13) día natural posterior á publicación da presente reoslución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

Os contratistas que estean inscritos no rexistro xeral de Contratistas de Comunidade Autónoma e así o fagan constar na carauta do sobre A (documentación administrativa) quedarán exonerados de presenta-la documentación á que se refire o artigo 5 da Orde do 23 de outubro de 1995 (DOG do 10 de novembro), modificada pola Orde do 9 de decembro de 1996 (DOG do 23).

c) Lugar de presentación: o rexistro de documentos da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos. San Lázaro. 15890, Santiago de Compostela. Fax: 981 54 26 39), ou no xeral da Xunta de Galica (edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela), ou de acordo cos procementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

6. Apertura de ofertas.

Levarase a cabo ás 9.30 horas do quinto (5 ) día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos, San Lázaro, 15890, Santiago de Compostela).

7. Gastos de anuncios.

Será por conta do adxudicatario o custo da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e, se é o caso, da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 1998.

P.D. (Orde 21-5-1990)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretrio xeral para o Deporte

7387