Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 04 de agosto de 1998 Páx. 9.061

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 1998 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto, trámite de urxencia, das asistencias técnicas de clave GA/98/72SEAF e dúas máis.

a) Asistencias técnicas.

1. Asistencia técnica para os desvíos dos servicios afectados polas obras de estradas existentes de ámbito autonómico e pertencentes á Xunta de Galicia.

Clave: GA/98/72SEAF.

Orzamento: quince millóns novecentas dúas mil duascentas oito pesetas (15.902.208).

Prazo de execución: 12 meses

A solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe dunha institución financeira en relación co traballo obxecto desta licitación.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante os seguintes extremos:

1) Copias autenticadas das titulacións do persoal consultor en relación co especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

2) Declaración xurada do empresario na que consten os principais servicios ou traballos realizados nos últimos tres anos, que inclúa importe, datas e beneficios públicos ou privados destes.

Non obstante, de posuí-lo licitador clasificación vixente como grupo I, subgrupo 1, categoría a, grupo II, subgrupo 2, categoría a, grupo II, subgrupo 7, categoría a, a achega desta ou a constancia rexistral de tal extremo eximirá da presentación dos documentos mencionados nos parágrafos anteriores.

2. Asistencia técnica ó proxecto de construcción, incluída cartografía da obra de acondicionamento da estrada OU-301, treito Ponteliñares-Ganade.

Clave: OU/98/75G316

Orzamento: dez millóns seiscentas oitenta e oito mil catrocentas trinta e sete pesetas (10.688.437).

Prazo de execución: 8 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe dunha institución financeira en relación co traballo obxecto desta licitación.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante os seguintes extremos.

1) Copias autenticadas das titulacións do persoal do concultor en relación co especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

2) Declaración xurada do empresario na que consten os principais servicios realizados nos últimos tres anos, que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados destes.

Non obstante, de posuí-lo licitador a clasificación vixente como grupo II, subgrupo 3, categoría a, a achega desta ou a constancia rexistral de tal extremo eximirá da presentación dos documentos mencionados nos parágrafos anteriores.

3. Asistencia técnica ó estudio informativo, avalización ambiental e proxecto de construcción incluída cartografía da estrada de enlace N-540 Ponteliñares e conexión con Muíños.

Clave: OU/98/77-1-

Orzamento: dezasete millóns novecentas cincuenta e seis mil duascentas corenta e tres pesetas (17.956.243).

Prazo de execución: 12 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe dunha institución financeira en relación co traballo obxecto desta licitación.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante os seguintes extremos:

1) Copias autenticadas das titulacións do persoal do consultor en relación co especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

2) Declaración xurada do empresario na que consten os principais servicios realizados nos últimos tres años, que inclúa importe, datas e beneficios públicos ou privados deles.

Non obstante, de posuí-lo licitador clasificación vixente como grupo I, subgrupo 1, categoría a, grupo II, subgrupo 3, categoría a, a achega desta ou a constancia rexistral de tal extremo eximirá da presentación dos documentos mencionados nos parágrafos anteriores.

(Declaradas urxentes consonte o artigo 72 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 del Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día vintecatro (24) de agosto de 1998.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas da Con

sellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ás once horas do día dous (2) de setembro de 1998.

g) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 1998.

P.D.(Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

7389