Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 04 de agosto de 1998 Páx. 9.047

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 14 de xullo de 1998 pola que se desenvolve a estructura directiva do Complexo Hospitalario de Ourense

Polo Decreto 211/1998, do 25 de xuño, foi creado o Complexo Hospitalario de Ourense e estableceuse a súa estructura organizativa.

A disposición derradeira segunda do devandito decreto atribuíulle á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais a concreción da estructura do complexo no nivel de subdireccións.

Por todo isto e en virtude das facultades que se me confiren nos artigos 34 e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro

DISPOÑO:

Artigo 1º

A presente orde ten por obxecto fixa-la estructura do Complexo Hospitalario de Ourense no nivel de subdireccións.

Artigo 2º

De cada un dos directores de centro dependerá un subdirector médico.

Artigo 3º

Do director de Enfermería dependerán dous subdirectores de Enfermería.

Artigo 4º

Do director de Recursos Humanos e Relacións Laborais dependerá un subdirector de Recursos Humanos e Relacións Laborais.

Artigo 5º

Do director de Recursos Económicos e de Servicios Xerais dependerá un subdirector de Recursos Económicos e de Servicios Xerais.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 1998.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

6327