Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 03 de agosto de 1998 Páx. 9.030

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILALBA

ANUNCIO.

Resolución do 6 de maio de 1998, do Concello de Vilalba (Lugo), referente á convocatoria para prover en réxime de dereito laboral e por promoción interna, unha praza de albanel e unha praza de encargado de cemiterio.

No BOP de Lugo nº 145, do 26 de xuño de 1998, publicáronse as bases conxuntas que han rexe-las convocatorias.

As instancias para tomar parte nas ditas convocatorias deberán ir dirixidas ó presidente da corporación, e presentaranse no rexistro xeral do concello ou na forma que determina o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo comun, durante o prazo de 20 días naturais, contados a partir da última publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado ou no DOG.

Vilalba, 7 de xullo de 1998.

O alcalde

Rubricado

7344