Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 03 de agosto de 1998 Páx. 9.030

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANDIÁS

ANUNCIO.

Con data do 14 de xullo de 1998 foi aprobado pola Comisión Municipal de Goberno o prego de cláusulas administrativas para a contratación da obra de rede de sumidoiros en Sandiás e Ladeira (PIEL-98) o que se expón ó público na secretaría do concello, polo prazo de 8 días hábiles, para que poidan presentarse reclamacións, contados desde o día seguinte ó da inserción do derradeiro anuncio no BOP ou DOG.

Asemade, anúnciase a licitación para adxudica-lo contrato, mediante concurso e polo trámite de urxencia.

Tipo de licitación: 12.068.295. Fianza provisional: 241.365. Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

Plicas: durante 13 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou no DOG. Apertura de plicas: terá lugar ás 13 horas do cuarto día hábil seguinte (excepto sábados) a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas.

Información: secretaría do concello das 9 ás 14 horas, teléfono (988) 46 50 01, fax (988) 44 60 48. Os criterios de valoración e a documentación para tomar parte no concurso figuran no expediente que consta na secretaría do concello.

Sandiás, 21 de xullo de 1998.

A alcaldesa

Rubricado

6714