Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 03 de agosto de 1998 Páx. 9.029

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual do PXOU en execución de convenio urbanístico, con recualificación das parcelas R1, R2 e CC-Sur na urbanización de Monte Porreiro.

O Pleno da Corporación, en sesión do 28-5-1998, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro.-Prestar aprobación definitiva á modificación puntual do Plan xeral de ordenación urbana na urbanización de Monte Porreiro, con destino á recualificación das parcelas R1, R2 e CC-Sur, en execución do convenio urbanístico subscrito polo alcalde o 26-6-1997, sendo formulado este documento de modificación do planeamento de ordenación integral do municipio por esta Administración municipal e redactado polo arquitecto xefe do Servicio Municipal de Xestión e Disciplina Urbanística.

Segundo.-Publicar este acuerdo no Diario Oficial de Galicia, con comunicación ás entidades interesadas e traslado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dunha copia adverada do expediente administrativo completo e dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente, debidamente dilixenciados, dispoñéndose a publicación das normas e ordenanzas da modificación no BOP para lograr-la súa eficacia e executividade, de acordo co establecido na Lei 39/1994, do 30 de decembro, pola que se modifica o artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

Terceiro.-Requirirlles ás entidades mercantís Monteporreiro, S.L. e Monteporreiro Centro Comercial, S.L. a constitución de fianzas, respectivamente, de quince millóns e sete millóns de pesetas, fianzas que deberán ser constituídas nas arcas municipais

no prazo de dez días hábiles contados a partir da notificación deste acordo, en garantía da formalización dos compromisos asumidos por tales sociedades no convenio subscrito o 26 de xuño de 1997, orixe inmediata da presente modificación puntual do planeamento para mellorar e incrementa-las dotacións e equipamentos da urbanización de Monte Porreiro».

O que se fai público para a súa executividade, sinalándose que contra este acordo se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses computados a partir do día seguinte a esta publicación, logo da comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se coide procedente.

Pontevedra, 16 de xuño de 1998.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

7346